Os «asentos máis duros do mundo» no Coto do Rei, en Fene

fene-asientos coto do reiA Comunidade de Montes de Marraxón, coa inestimable e necesaria colaboración do Concello de Fene para este menester, procedeu estes días a facer e colocar catro asentos (bancos) de pedra no Coto do Rei, aproveitando diversos pelouros que había polo entorno, coa finalidade de habilitar o lugar como miradoiro da ría, respeitando o máximo posible a fisonomia da zona, evitando o uso de calquera sustancia ou material non natural alleo ao lugar, e cun custe cero en futuro mantemento.

Dende xa, os visitantes poderán descansar logo de subir ao punto máis alto do Concello de Fene, e desfrutar (in)comodamente sentados nos, probablemente,«asentos máis duros do mundo
.(The moi hardest bancos in the world).
Deste xeito, creouse tamén un grupo no facebook para a dar a coñecer este lugar:
Coñecendo tamén o marabilloso banco de Loiba, colocado por un veciño do lugar, dende a comunidade de montes, queren tamén pregarlle á Xunta de Galicia que se implique un pouco con feitos na promoción dos bellos lugares de Galicia, xa que é moi factible e barato a creación e difusión dunha rede de bancos espallados polos multiples e fermosos lugares que hai no país.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …