Alumnado do colexio da Solaina visitou esta mañá o Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu de novo esta mañá a un grupo de escolares do municipio. Vinte e cinco nenos e nenas de cinco anos do colexio da Solaina desprazáronse ao Concello acompañados polas súas mestras e percorreron diferentes estancias da administración local. Unha vez estiveron no salón de plenos estiveron uns intres co rexedor local, que lles entregou un agasallo.

Tralo encontro con Blanco os menores viron unha proxección na que se lles explican diferentes asuntos relacionados coa administración local e con diferentes instalacións municipais.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …