Centros de Ferrol e Pontedeume reciben o premio «Concepción Arenal» da Deputación

Premio al de Ferrol
                                      Premio al CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira,de Ferrol

A área de Benestar Social, Educación e  Políticas da Igualdade de Xénero da  Deputación da Coruña entregou na tarde deste mércores  os premios «Concepción Arenal» a proxectos educativos para a igualdade de xénero que recaeron no C.E.I.P. de Canosa-Rus de Coristanco na modalidade de Educación infantil, o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en Educación Primaria e o I.E.S. Fraga do Eume, de Pontedeume para Educación Secundaria.

A deputada nacionalista Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Politicas de Igualdade de Xénero entregou os premios nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación da Coruña no que participaron representantes do profesorado dos centros que elaboraron os proxectos gañadores.

«As aulas, o ámbito escolar, é fundamental para a eliminación do machismo que é tamén o obxectivo ao que quere contribuír este certame», sinalou Ánxela Franco no acto de entrega dos premios que, nesta edición, consistiron nunha achega de 5.000 euros máis unha figura coa imaxe de Concepción Arenal, de quen recoñeceu o relevante papel histórico na defensa da igualdade das mulleres. «Estou certa de que o premio será moi ben empregado. Son consciente de que en tempos de recortes a educación e a igualdade sufren e nós temos seguridade de que este certame reverterá en beneficio do alumnado de cara á igualdade», engadiu, nun acto no que recolleron os premios docentes dos tres centros de ensino.

A deputada nacionalista, Ánxela Franco, agradeceu a implicación e participación aos centros de ensino e parabenizounos por desenvolver uns proxectos dos que desexou, segundo dixo, que non sexan só aplicados nos propios centros senón que irradien nas súas comunidades sociais e que sirvan de modelo para eliminar a discriminación.

En Educación primaria, o gañador é o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do concello de Ferrol, co seu proxecto «Todas e todos contamos». O xurado valorou a implicación do persoal docente e non docente no proxecto, incluíndo a persoal de servizos do propio centro e incluso a outro tipo de organizacións (ONG, concellos, etc.). Destácase tamén a variedade de actividades incluídas así como a cantidade de recursos empregados (literatura, cine, teatro, exposición fotográfica, etc.).

premio Pontedeume
                                                 Premio al IES Fraga do Eume, de Pontedeume

 

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …