O Concello de Narón gardou un minuto de silencio polo asesinato de Tatiana Vázquez

O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu esta mañá un acto no que se gardou un minuto de silencio ante as portas da Casa Consistorial en sinal de condena do asasinato de Tatiana Vázquez Abuín. A moza, de 24 anos, apareceu acoitelada no interior dun vehículo en Lugo o pasado sábado e a súa exparella, Ibrahima Ndiaye, de 31 anos e orixe senegalés, presunto autor dos feitos, está en prisión provisional acusado de homicidio.

Á convocatoria acudiron tamén a edil de Igualdade, Teresa Sabio, e outros representantes da corporación local, así como persoal funcionario einterino do Consistorio naronés e algúns veciños e veciñas.

A corporación local recordou con este acto, que tivo lugar ás 12 horas, á vítima, ao tempo que manifestou a súa máis firme condena e repulsa á violencia de xénero.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …