O BNG de Ferrol leva ao pleno a creación dunha empresa municipal de transporte

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno ordinario de mañá xoves, na que pide que se esixa à Xunta de Galicia a titularidade das concesión de transporte público de Ferrol, co fin de poder prestalo nas condicións adecuadas desde a propia administración local e que desde o goberno se impulse a creación dunha empresa municipal de transporte.

O BNG lembrou ao respecto que «a actual situación na que non existen limitacións concesionais nen planificación de servizos máis aló deste ano 2016 estabelece un marco totalmente aberto e sen condicionantes parta que o goberno local decida libremente unha proposta de transporte público que se adecúe ás necesidades dos veciños e veciñas».

«A sentenza do tribunal supremo que anula a prórrogas concedidas no ano 2010 ás concesions de transporte metropolitano definen un escenario totalmente aberto. É nese contexto, co horizonte do vindeiro ano 2017, desde o BNG esiximos ao goberno municipal que redefina o servizo co obxectivo de que este preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias que cubra as necesidades sociais dos veciños e veciñas de Ferrol tanto da súa zona urbana como da rural», incidiron os nacionalistas.

O Plan de Transporte Metropolitano desenvólvese pola Xunta de Galiza en base a concesión das liñas de transporte a día de hoxe anuladas por sentenza do Tribunal Supremo, polo que «é decisión do Concello de Ferrol de asumilo ou non nos termos nos que está redactado, e que o alcalde da cidade así o faga demostra a actitude cómplice do goberno municipal fronte á posibilidade de prorrogar a concesións ás mesmas empresas que desenvolvían o servizo na actualidade e fronte a renovación dun Plan de Transporte Metropolitano que se algo ten demostrado é a falla de adecuación as necesidade reais e económicas da cidade».

Así, os nacionalistas sinalan que «o actual contexto permite que o Concello poida asumir a xestión das liñas urbanas coa constitución dunha empresa pública de transporte que en colaboración coa Xunta de Galicia de servizo a unha cidade cunha poboación confinada ao uso do transporte privado e que esta a sufrir ao mesmo tempo o desmantelamento dos precarios servizos ferroviarios actuais».

Na proposta do BNG tamén se pide que sexa o Concello de Ferrol, a través da empresa municipal de transporte, quen planificará de maneira conxunta cos concellos da comarca as liñas e frecuencias do transporte urbano.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …

Un comentario

  1. Como no la hicieron cuando gobernaron Ferrol?