Alumnos do CPI do Feal visitaron esta mañá o salón de plenos do Concello

Unha vintena de rapaces de quinto curso de Primaria do colexio do Feal visitaron esta mañá o Concello de Narón. Tras coñecer parte da historia do municipio e percorrer algunhas dependencias da Casa Consistorial, o alumnado visitou o salón de plenos, donde se lles amosou unha proxección sobre a localidade e a administración local antes de que os recibise o alcalde, José Manuel Blanco.

Algúns dos escolares animáronse a preguntarlle ao rexedor local varias cuestións, maioritariamente relacionadas coas tarefas que realiza un alcalde no Concello. Os menores, que atenderon ás explicacións sobre o funcionamento da administración local, recibiron un agasallo institucional en recordo da súa estancia no Consistorio.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …