Terra Galega convoca o seu congreso galego que se desenvolverá o día 22 de maio

sanchez-fojo-2-260115A dirección nacional de Terra Galega celebrou unha xuntanza este domingo no municipio de Carballo. No transcurso da reunión procedeuse á entrega das ponencias políticas e dos estatutos que se someterán a debate no Congreso que se desenvolverá o vindeiro 22 de maio na Casa da Cultura de Coristanco, a partir das 11.00 horas.

O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu a convocatoria á que tamén asistiron o vicesecretario xeral do partido, Manuel Andrade; a secretaria de actas, Marián Ferreiro; o secretario de Finanzas, Samuel Blanco e o alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, entre outros representantes da directiva e vocais da formación.

Sánchez Fojo explicou que no encontro mantido pola dirección nacional de Terra Galega en Carballo tamén se aprobou o regulamento do citado Congreso e anunciouse o prazo de aceptación de candidaturas á secretaría xeral do partido e para elixir aos novos cargos da directiva de cara aos vindeiros catro anos, tal e como marcan os estatutos da formación.

As candidaturas deberán entregarse, como prazo máximo, ata o día 20 de maio, tal e como indicou o secretario xeral, que recordou que poderán presentarse aquelas persoas afiliadas ao partido nas diferentes agrupacións locais.

Antes da celebración do Congreso nacional de TEGA celebrarase unha reunión, o próximo día 20 de maio na Casa da Cultura de Coristanco ás 20.00 horas. Os asistentes á xuntanza encargaranse de analizar o contido das diferentes ponencias que se presentarán á dirección nacional do partido no Congreso Nacional, tal e como avanzou Sánchez Fojo.

Comunicación Terra Galega

Lea también

A Deputación financia con 303.000€ servizos de socorrismo en concellos do interior

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva …