Escolares do colexio «Santiago Apóstol» simularon un pleno no Concello de Narón

naron-escolares santiago apostolAlumnado de terceiro curso de ESO do colexio «Santiago Apóstol» participou este xoves na simulación dun pleno no Concello. A actividade, impulsada desde a Concellería de Participación Cidadá e Acción Social.

O alcalde, José Manuel Blanco, saudou aos rapaces e rapazas antes de iniciarse a sesión e presenciou o pleno desde as sillas do público, xa que os escolares ocuparon as reservadas á corporación local, o secretario e a interventora municipais. Presenciaron tamén o pleno varios integrantes da corporación local naronesa.

Unha das alumnas do centro asumiu o papel de alcaldesa de Narón, dando a palabra aos seus compañeiros e compañeiras, que debatiron diversos asuntos relacionados coa política municipal seguindo a orde do día redactada por eles mesmos.

A edil de Participación Cidadá recordou que a iniciativa responde a unha experiencia piloto que á que se apuntou o citado centro escolar. Desde hai unhas semanas os rapaces e rapazas percorreron algúns barrios da localidade para analizar a súa situación. A raíz desas visitas realizaron unha enquisa que cubriron os seus familiares e veciños e veciñas para, a partir de aí, establecer os asuntos a abordar no pleno.

Metidos de cheo no seu papel de concelleiros, explicaban as súas propostas mentres os compañeiros e compañeiras lles rebatían algunhas delas antes de sometelas á pertinente votación plenaria. Mentres un equipo asumía o papel da corporación, parte do alumnado facía o propio co dos xornalistas –grabando a sesión e sacando fotos- e incluso do público, que formulou algunhas preguntas aos novos representantes políticos.
«Estamos moi contentos pola exitosa aceptación desta proposta na que se implicou o colexio Santiago Apóstol, aínda que se ofreceu ao resto de centros da localidade» , apuntou Catalina García. A edil avanzou que a previsión é implantar esta experiencia noutros centros educativos da localidade, aínda que xa de cara ao vindeiro curso escolar.
«A través deste tipo de actividades pretendemos tamén que os rapaces e rapazas se impliquen no momento asociativo e na vida política, comezando pola súa administración máis próxima, os concellos, ao tempo que implicar ás súas familias e ao resto da sociedade nestas áreas» , subliñou a edil de Participación Cidadá Catalina García Blanco.

Lea también

La Xunta dispuesta a mejorar el firme de la carretera de Baltar y transferírsela al Concello de Narón

La Xunta de Galicia ha trasladado al Concello de Narón su disposición a acometer una mejora …