O naronés Guillermo Sánchez Fojo resultou reelixido por unanimidade secretario xeral de Terra Galega

teha-IV Congreso NacionalO partido nomeou este domingo  á nova directiva no IV Congreso Nacional celebrado en Coristanco

Os asistentes ao IV Congreso Nacional de Terra Galega, celebrado na mañá deste domingo na Casa da Cultura de Coristanco, respaldaron por unanimidade ao naronés Guillermo Sánchez Fojo como secretario xeral do partido, reelixíndoo para ostentar o cargo outros catro anos máis.

O alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, deu a benvida ao municipio aos asistentes á convocatoria para a continuación tomar a palabra o presidente do Congreso, Manuel Andrade, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e por último, Sánchez Fojo. Trala aprobación das ponencias e enmendas presentadas iniciouse a votación para elixir ao secretario xeral e, posteriormente, aprobar a ponencia política e a lista da dirección nacional do partido.

DIRECCIÓN NACIONAL DE TERRA GALEGA

tega-Dirección NacionalA vicesecretaría xeral de TEGA osténtaa desde hoxe Manuel Andrade, candidato do partido á Alcaldía de Carballo nas pasadas eleccións municipais; Pablo Padín será o presidente de honra; Bruno González o secretario de Finanzas; Laura Tasende a secretaria de Actas e Organización; María Rosario Filgueira a secretaria de Organización; Estefanía Canosa, responsable de Igualdade e Mocidade; Javier Facal, coordinador da área de Políticas Institucionais e José Manuel Rodríguez o coordinador de área de Política municipal. Como vocais figuran, entre outros, os alcaldes de Narón e Coristanco, José Manuel Blanco e Amancio Lavandeira, respectivamente.

UNHA LIÑA PROGRESISTA

guillermo sanchez-tegaTrala súa reelección como secretario xeral de TEGA, Sánchez Fojo incidiu en que o partido foi desde a súa constitución e continuará apostando por unha liña «progresista nos seus posicionamentos estratéxicos, no desenvolvemento da nosa sociedade, facendo unha aposta pola igualdade de oportunidades e o benestar social e, como non, por unha educación e sanidade de carácter público e universal»
«Terra Galega é un partido libre, no seu concepto máis amplo, é dicir, na defensa da liberdade da creación, tanto no eido social e cultural como na defensa das liberdades das persoas e colectivos fronte ao poder que algúns partidos acumulan nas institucións» , asegurou Sánchez Fojo. O secretario xeral de TEGA incidiu en que na formación «cremos na Europa dos pobos e das nacións e nunha Galicia plenamente integrada nesa Europa».

Tivo tamén Sánchez Fojo unhas verbas sobre a posición a adoitar pola formación de cara aos vindeiros comicios autonómicos. «É preciso cambiar o futuro da nosa terra e para iso, nas vindeiras eleccións autonómicas TEGA ten que traballar xunto con outras forzas para conseguir que Galicia teña o posto que lle corresponde e non estar sempre subsidiada polo goberno do Estado español» .

Sánchez Fojo enviou ao remate da súa intervención unha mensaxe para os militantes e simpatizantes de Terra Galega, un partido municipalista cuxo esforzo, recalcou, «ten que ser para cambiar a estrutura social que ten nestes momentos Galicia»

.

 

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …

Un comentario

  1. ¿Título de la película? «Fojo, la renovación»