ENE critica que lles impidan presentar unha moción, e 3 días despois o fan PSOE e EU

Alfonso Casal
Alfonso Casal

Eliximos Narón mostra a súa desconformidade coa postura dos partidos que gobernan Narón ao non admitirlle recientemnente unha moción para ser levada ao pleno sobre a escola rural de Sedes e días despois PSOE e EU anuncian unha moción co mesmo tema.

Nun  comunicado sinalan que «Dende o pasado mes de xaneiro os veciños de Sedes están a esperar que o Concello de Narón aprobase o financiamento de redacción dun Proxecto Técnico (ou esixir á Xunta de Galicia que o asuma) para fundamentar o proceso para promover e xestionar diante da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña un Programa Experimental de Creación da Escola Rural de Nivel de Educación Infantil Integrada de 0-6 anos, e no marco dos programas de desenvolvemento rural, e có obxectivo de estender a experiencia a outras zonas rurais de Galicia.

A proposta dos veciños era que se fixese con prontitude para que se puxese en marcha antes de finalizar o actual curso académico, coa finalidade da súa implantación no curso académico 2016-2017.

Fixeron a súa petición a todos os partidos do concello e aos do parlamento galego, e mentres a nivel autonómico estaba a moverse o tema, desde o concello estaba a esperarse a que a Xunta dese o paso para logo apoialo, é dicir, apuntarse un tanto seguro.

Debido á falta de acción dos partidos no goberno optamos por presentar unha extensa moción o pasado 2 de maio na que apoiabamos a proposta e esixiamos á Xunta a súa posta en práctica.

A pesares de estar próximo o fin de curso a nosa moción non foi admitida a tramite na Comisión Social do Concello o pasado día 18 cos votos en contra de TEGA, PSOE, BNG e a abstención de EU, coa desculpa de que non era urxente.

Parece que todas as trampas lles valen para torpedear as iniciativas dos demais e levarse algúns méritos xa que non pasaron 3 días e sae un artigo de prensa dicindo que Catalina García (PSOE) e André Abeledo (EU) están a preparar unha moción co mesmo fin que a que nos acaban de impedir presentar a pleno» .

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

Un comentario

  1. Pues ya sabe lo que tiene que hacer: un recurso contencioso-administrativo y que al alcalde le tire de las orejas un juez. Así dejará de gobernar Narón como su cortijo particular.