Máis dun milleiro de alumnos de colexios de Narón participaron na Marcha Ciclista Escolar

NARON-Marcha Ciclista en XuviaAlgo máis dun milleiro de rapazas e rapaces matriculados en colexios de Narón participaron na mañá deste venres na novena edición da Marcha Ciclista Escolar, evento incluído no programa de actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial do Concello de Narón.

Pasadas as 10.00 horas os estudantes saían nas bicicletas desde os seus centros escolares cara ao paseo marítimo de Xuvia, donde gozaron, a partir das 11.30 horas, dun merecido descanso, un bocadillo, auga e bebida isotónica antes de animarse a participar nunha demostración de zumba. A primeira tenente de alcalde de Narón e concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, e os edís de Seguridade Cidadá e Obras Públicas, Guillermo Sánchez Fojo e Pablo Mauriz, respectivamente, desprazáronse ao paseo de Xuvia para saudar aos participantes e comprobar, un ano máis, o éxito desta convocatoria. Sobre as 12.30 horas os rapaces e rapazas colleron de novo as súas bicis para regresar pola estrada de Castela ata os seus respectivos colexios.

Os representantes do goberno local agradeceron a implicación do estudantado da localidade e tamén a súa colaboración no bo desenvolvemento da convocatoria, destacando tamén o traballo realizado pola Policía Local, o Equipo de Emerxencias de Narón, o Motoclub Fojeteiros, as Anpas dos centros e os pais e nais que participaron na organización desta cita.

NA ESCOLA INFANTIL DA SOLAINA  E NO PARQUE FLUVIAL

Tamén no marco da Semana da Mobilidade e Educación Vial do Concello se celebrou es unha actividade na escola infantil da Solaina, onde un grupo de nenos e nenas presenciou, a partir das 10.30, a representación do conto «Moucho e Cuquiña» , editado pola Concellería de Cultura e cuxa representación protagonizou persoal da Escola de Teatro do Concello de Narón.

Xa pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, tivo lugar no Parque Fluvial do Río Freixeiro unha nova sesión de “Parking day» , neste caso sobre “Xogos populares» , unha actividade de balde dirixida pola Asociación Parque Freixeiro.

CONGRESO GALEGO DE SEGURIDADE

O broche final desta convocatoria terá lugar esta mesma fin de semana no Auditorio municipal coa celebración do «I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón”, o sábado e o domingo. Un centenar de persoas inscribíronse neste evento, que inaugurará o alcalde, José Manuel Blanco, mañá ás 10.00 horas, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luis Menor. Ás 10.30 comezará o relatorio inaugural, a cargo do Fiscal de Sala e Coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomé Vargas. No segundo relatorio, desde as 11.10 horas, participará o xefe do servizo de Neurociruxía do Hospital Virgen de la Salud de Toledo, Francisco González-Llanos. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo aínda este sábado  no Auditorio municipal de Narón, tal e como se indicou desde a organización.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …