O alcalde de Narón recibiu hoxe ao director xerente de Aspace da Coruña

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta mañáno seu despacho ao director xerente da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace) da Coruña, Eulogio López. No transcurso do encontro o representante da entidade explicou ao rexedor local o traballo que se realiza desde a entidade, con sede no municipio de Sada.

Aspace, que xestiona un centro educativo, un de día e outro residencial, ten uns catrocentos socios e máis dun cento de usuarios, a maioría destes últimos cun elevado grao de dependencia para poder satisfacer as súas necesidades básicas. Entre a veciñanza de Narón hai tamén varios usuarios desta entidade, tal e como se recordou nesta xuntanza.

O rexedor local destacou o traballo realizado pola asociación e animou a López a continuar na mesma liña para prestar a debida atención aos usuarios e contribuír así, como veñen facendo nos últimos case corenta anos de historia da entidade, a mellorar tanto a súa calidade de vida como a dos seus familiares.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …