Fin de curso da Escola de Música da Asociación Cultural Musical «Sementeira»

sementeiraO Pazo da Cultura de Narón acolleu na tarde deste venres o concerto de Fin de Curso da Escola de Música da Asociación Cultural Musical «Sementeira», cuxo presidente é Ínigo Barbadillo. A edil de Cultura, Marián Ferreiro, acudiu á convocatoria, na que tamén estiveron familiares e amigos das alumnas e alumnos da Escola. Un deles, Daniel Grande, de 12 anos, foi o encargado de presentar o evento.

Os primeiros en subir ao escenario foron os protagonistas da sección dos concertos de violonchelo, de vento-metal, de percusión e de vento-madeira. Os encargados de pechar o acto foron os alumnos e alumnas da Banda Infantil «Sementeira», integrada por nenas e nenos que os profesores consideran co nivel axeitado para formar parte da mesma, e donde se forman antes de poder integrarse na Xove Banda de Narón.

Ferreiro felicitou ao alumnado da Escola de Música de «Sementeira» tralo festival e destacou o traballo realizado durante o curso, iniciado o pasado mes de outubro e que remata con esta actividade.

A Escola de Música da Asociación Cultural «Sementeira», cun centenar de alumos e alumnas, está vencellada á Xove Banda de Narón. A súa oferta inclúe clases de música e movemento para nenos e nenas de cinco anos e de iniciación á linguaxe musical para os de seis anos, co obxectivo, entre outros, de familiarizalos coa técnica musical.

Tamén hai clases de linguaxe musical para adultos e outras de oboe, frauta, clarinete, requinto, saxofón, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, tuba, percusión, violonchelo e contrabaixo. Os asistentes teñen a oportunidade de dispoñer de instrumentos de vento prestados polo Padroado da Cultura de Narón e por «Sementeira» para acudir ás clases.

O Padroado da Cultura de Narón asinou o pasado mes de abril un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Musical «Sementeira» de Narón por un importe de 50.000 euros para impartir clases de solfexo e instrumentos de vento e percusión –de primeiro a quinto nivel- no municipio. A entidade comprometeuse ademais con cargo a este acordo a manter a actividade da Xove Banda de Narón e da Banda Infantil «Sementeira» e a realizar dez concertos na localidade antes de finais deste ano.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …