O BNG de Narón organiza una charla sobre o funcionamento a factura eléctrica

O local social de Doso, en Narón, acollerá ás 20:30 horas unha charla organizada polo BNG do municipio sobre a factura eléctrica que impartirá o asesor enerxético Xosé Manuel Golpe. Nela falarase dos factores que inflúen no feito de que a factura da luz se encarecera máis do 50% ao longo dos últimos anos, así como da necesidade de que Galiza conte cunha tarifa eléctrica propia que atenda a nosa propia realidade.

«Non hai que esquecer que Galiza exporta máis do 40% da enerxía que produce e que, malia iso, teña que asumir os mesmos custos de transporte que, por exemplo, a Comunidade de Madrid, que non xera nin un só megavatio de electricidade», explicaron desde a formación nacionalista.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …