Leiceaga e Mato visitaron unha cooperativa e unha explotación gandeira en A Capela

psoe-15-6O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou n tarde deste mércores na Capela que «o Partido Popular non ten ningún socio á súa disposición, depende só dos seus votos e non son suficientes».

«Negociar no Parlamento un goberno de ampla base é a lóxica da nosa democracia, un goberno depende do apoio dos deputados aínda que o PP pretenda inventar novas normas”, apuntou Leiceaga, que visitou unha cooperativa e unha explotación gandeira xunto ao candidato número 1 ao Senado pola Coruña, Ángel Mato.

«O Partido Socialista ten a capacidade de dialogar e de entenderse, xa o demostrou cunha forza moderada como Ciudadanos e agora Podemos parece disposto a tender a man, polo que temos unhas posibilidade de pacto que non ten o PP», engadiu.

Con respecto á visita, Leiceaga manifestou que «Galicia non se entende sen o medio rural e o medio rural sen a produción agrogandeira; temos que solucionar as dificultades do sector lácteo e chama a atención que Feijóo diga que é unha prioridade para o PP, cando non houbo nos últimos sete anos unha política agraria desde a Xunta».

Lea también

O Concello de Valdoviño amplía a zona azul gratuíta do entorno da Porta do Sol

O Concello de Valdoviño vén de ampliar a zona azul gratuíta no entorno da Porta …