Paremos de contaminar

miguel anjoMiguel Anjo González
O pasado 30 de novembro en País , reuniron se os dirixentes mundiais pra intentar chegar a novos acordos no tema do cambio climático no chamado Cumio de Paris. Foi unha xuntanza rodeada de fortes medidas de seguridade e onde estiveron prohibidas as manifestacións pra esixir que se adopten medidas de unha vez por todas, que mitiguen o cambio climático xa que este e irreversível

Dende fai anos os países mal chamados desenvolvidos termos a tecnoloxía necesaria pra ir desbotando paulatinamente a queima de produtos fósiles como medio de obter enerxía. Máis os nosos políticos en vez de preocuparse por ter un mundo mais saudável e limpo, prefiren seguir as directrices que lles ditan os grandes lobbys da enerxía pra asi asegurarse en un futuro unha cadeira no consello de dirección de algunha destas multinacionais. Dende Felipe González ata Aznar por dicir os máis relevantes, a gran maioría dos membros dos gobernos do estado español acaban a súa carreira com un posto nada mal remunerado hai que dicir nestas empresas.

Mentres tanto quer o noso meio ambiente quer a saúde das persoas se volven cada vez máis fráxiles asi vai aumentando a liberación de co2 a atmosfera .Hoxe en día a maioría dos acabados de nacer veñen ao mundo con algún tipo de alerxia e desde fai xa uns cantos anos se comprobou que a leite das nais conten mais de veinticinco tipos diferentes de dioxinas ,como asi se constatou en estudios feitos no Reino Unido fai mais de dúas décadas. Ademais os fenómenos climatolóxicos extremos cada vez son máis frecuentes no chamado primeiro mundo xa que por exemplo en África ,vai longo tempo que veñen parecendo o cambio climático. Cabe recordar as fames negras no corno Africano pola falta de choiva co cal ,no teñen a suficiente produción de alimentos vai xa unhas cantas décadas aínda que aquí ,tamén xogan outros factores Máis dende fai uns anos tamén no continente africano en algúns países deste, se están a producir migracións de poboacións pola falla de chuvias de xeito habitual co cal, estas poboacións que viven na sua maioría da agricultura e o gando teñen que buscar novos asentamentos. Porén sen ir tan lonxe, no noso pais Galiza tamén estamos a parecer as consecuencias do cambio do clima como por exemplo, xa nom chove como fai anos o polo contrario chove arreo, os veráns cada vez son mais suaves e xa nom son veráns, os ditos populares que teñen que ver co cambio de estación xa fai anos que nom serven e hai que reiventa los, os nosos sistemas dunares nas praias están en moitas delas a desaparecer ect…

Ademais as consecuencias do cambio climático tamén van ter serias consecuencias nas grandes praderías, que están ao servizo da produción de alimentos Estas praderías son lugares no que nom crece nada se nom se bota os químicos necesarios Nelas nom ha vida de ningún tipo e ao dia de hoxe se sabe que, con un aumento da temperatura como a que se espera pra metade e finais deste século se seguimos a liberar co2 deste xeito , estas praderías farán crack xunto coa maior parte das terras nas que se pode cultivar grandes extensións de alimentos. Por iso é tan importante hoxe en día a chamada soberanía alimentar a cal debe estar baseado o seu modelo de produción de alimentos nos pequenos agricultores os cales, levan producindo alimentos toda a vida de xeito sa ,sostível meio ambientalmente e producindo produtos de calidade como se facía neste país ata a entrada do estado español na UE, entrada que foi o desastre pra os sectores produtivos galegos neste caso o agro como así previron no seu momento desde o BNG

Esto entre outros moitos casos se da num contexto no que, xa fai moitos anos a humanidade dispón das chamadas enerxías renovávels coas cales, facendo un mix delas, poderíase sen ningún problema ir desconectando nos gradualmente da queima de sedimentos fósiles pra obtención de enerxía. Cabe destacar que aquí na Galiza o bipartito(en concreto o BNG) creou un plan pra explotar a forza do vento (enerxía eólica) que incluso o goberno dos EEUU do momento eloxiou e que o Sr Nuñez Feixoo pra favorecer outros intereses declarou nulo sabendo como dixo o tribunal superior de xustiza que era ilegal anulalo co cal, esta anulación vai ter un custo millóns de euros aos contribuíntes galegos en pagar as indennizacións oportunas as empresas que optaron ao concurso

Xa pra rematar, esperemos que os principais dirixentes mundiais entren en razón e se tomen o cambio do clima, como un dos principais problemas que ten a humanidade, no que esta en xogo a sua propria supervivencia xunto coa maioría das especies animais e vexetais e cheguen a acordos serios, que permitan a desconexión da queima de carbono como fonte de enerxía, ademais de subministrar a tecnoloxía necesaria e o capital tanto económico como humano especializado aos países que xa están aparecer as consecuencias do aumento das temperaturas países, que na maioría dos casos nom son responsávels de dito cambio climático.

Lea también

El 10 de marzo de 1972 en Ferrol ¿Tragedia o suceso histórico?

Enrique Barrera Beitia Todos los ferrolanos sabemos que el 10 de marzo de 1972 una …