O Parque de Freixeiro acollerá este sábado a «Festa do Xogo»

O Parque de Freixeiro acollerá este sábado, día 25, a I Festa do Xogo organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. A convocatoria, dirixida aos nenos e ás súas familias, desenvolverase entre as 17 e as 20 horas cun completo programa de actos lúdicos e didácticos.

Así o anunciou a edil de Cultura, Marián Ferreiro quen indicou que a cita permitirá aos asistentes gozar dunha divertida xornada nos primeiros días das vacacións escolares de verán. «Trátase dunha festa na que desde o Concello apostamos por recuperar e fomentar os xogos tradicionais e, ao tempo, facer que os participantes utilicen o inxenio para a práctica dalgúns dos contemplados neste programa», apuntou Ferreiro.

Os participantes terán a oportunidade de participar nas múltiples actividades deseñadas para a ocasión, que van desde xogos a diferentes obradoiros, mostras e espectáculos. Talleres de chapas, de enredos con materiais da natureza e de papiroaeronáutica (cometas e avións de papel) forman parte da oferta do programa. Así mesmo, haberá xogos xigantes e tradicionais –chave, pano, brilé, pillas, tiro de corda, carreiras de sacos, tirabalas, pesca de botellas, zancos, comba, etc.- e outros de tipo musical, cos que se fomentará a música tradicional galega. A xornada completarase con exhibicións de xogos de maiores e espectáculos circenses como bicicletas de pequeño tamaño; monociclos, equilibrios –cable, rulo- e malabares –diábolo, bolas e mazas-.

Un grupo de artesáns participará activamente na convocatoria, cunha mostra de pezas de madeira e a construción, durante a tarde, de peóns, billardas e birlos ao canteiro, con torno e machada. Na zona do Parque de Freixeiro tamén se poderán adquirir materiais de xogo, como chaves, aros, peóns, billardas e outras variedades, algunhas das cales formarán parte das mostras programadas de materiais de xogo, enredos e publicacións. O poeta e monologuista galego Celso Sanmartín será o protagonista da xornada de contacontos que terá lugar durante a tarde.

A concelleira de Cultura destacou a variedade do programa, coa que se aposta por «ofrecer á veciñanza unha tarde de ocio na que os nenos e nenas de diferentes idades poidan gozar de múltiples actividades e nas que tamén queremos que se impliquen os seus familiares».

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. Dirán la LAMEIRA de Freixeiro, porque entre las obras del saneamiento y la falta de mantenimiento del parque, cualquiera pone un pie allí. Las únicas zonas más o menos decentes están plagadas de «recuerdos» caninos.