O Concello de Narón e a AEF estudan construír unha escola infantil en Río do Pozo

O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco, reuníronse esta semana para abordar a posibilidade de que esta última entidade solicite a construción dunha escola infantil no polígono industrial de Río do Pozo. A iniciativa impulsaríase ao abeiro dunhas subvencións que a Xunta de Galiza se comprometeu a convocar proximamente para este fin.

No encontro, tanto o representante municipal como o portavoz dos empresarios manifestaron a súa total sintonía nesta iniciativa que permitiría afondar nas políticas de conciliación da vida familiar e laboral e facilitaría o acceso a este servizo a perto de medio cento de fogares naroneses. O edil de Promoción Económica entregoulle a Franco unha copia da moción que se aprobou no pleno ordinario do mes de maio e que xa foi remitida ao Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, na que se solicita non só a inclusión de Narón na liña de axudas para a construción de escolas infantís nos polígonos industriais –orde que aínda está sen publicar no Diario Oficial de Galicia-, senón tamén a integración no propio Consorcio das tres escolas infantís municipais do concello que aínda non o están, a da Solaina, a da Gándara e a de Piñeiros.

«Segundo os últimos datos dispoñibles, máis de medio cento de familias naronesas poderían quedar sen praza de escola infantil para o vindeiro curso 2016/2017, un déficit que se paliaría en boa medida cunha nova escola infantil, tendo en conta ademais as proxeccións demográficas do municipio, que nos últimos 25 anos viu incrementada nun 82% a poboación de menores de catro anos», explicou Villamar.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …

Un comentario

  1. villamar , que la construya el concello , o no tiene un duro ? siempre pidiendo para luego colgarse medallas , naron concello choron e pufista