A Deputación presenta o libro «De carreras por La Coruña»

diputacion-libro-28-6-1O centro Tecnolóxico de Arteixo acolleu na tarde deste martes a presentación do libro de Luís Miguel Díaz Sánchez «De carreras por La Coruña», editado pola Deputación da Coruña, que repasa a historia das diferentes competicións que marcaron a «época dourada» do automobilismo coruñés.

O acto contou coa asistencia do presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, o directivo da Peña Autocross Arteixo, Javier Iglesias, e os pilotos de rali Julio Orozco, Germán Castrillón, Álvaro Muñiz e Miguel Vilas.

González Formoso subliñou que a provincia da Coruña «conta cunha longa tradición» na organización de rallies e carreiras automobilísticas,  con pilotos «de gran nivel» e «cunha gran afición», que impulsou o desenvolvemento destas carreiras, especialmente a partir dos anos 60.

«Coa edición deste libro, queremos achegar a todos os coruñeses interesados neste tema o exhaustivo traballo de investigación levado a cabo polo autor, Luís Miguel Díaz, recopilando os testumuños de moitos dos protagonistas directos deses anos dourados do automobilismo coruñés e indagando nas hemerotecas e nos arquivos dalgunhas das escuderías históricas da nosa provincia na busca de fotografías, reseñas e datos que hoxe toman forma nun libro de 400 páxinas», afirmou o presidente provincial coruñés, que considerou tamén a publicación como «unha pequena homenaxe» aos precursores das primeiras carreiras.

«De carreras por La Coruña» repasa a historia do mundo do motor na Coruña dende as primeiras carreiras de motos ata rallies que no seu día circulaban polas rúas do centro da cidade herculina como o Rally de Primavera (o primeiro celebrado na cidade), o Gran Premio de Riazor, o Rías Altas ou a Subida á Zapateira e que se foron extendendo despois por toda a comarca e a provincia, con probas como a Subida a Celas de Peiro, á Espenuca, a Irixoa ou a Carball

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …