O Concello de Narón oferta quince prazas para o Itinerario profesional de Carnicería

A edil de Mocidade, Natalia Hermida, anunciou a apertura o vindeiro luns 4 do prazo para inscribirse no Itinerario profesional de Carnicería, impulsado desde o goberno local. A iniciativa diríxese a un total de quince persoas desempregadas de Narón de entre 18 e 35 anos e aquelas interesadas deberán anotarse ata o 8 de xullo no Rexistro municipal (de luns a venres en horario de 8:30 a 13 horas) podendo recoller a instancia no propio Concello ou descargala da páxina web do Concello –www.naron.es-. Hermida explicou que «as sesións desenvolveranse entre o 21 de xullo e o 15 de novembro no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e en departamentos e empresas de carnicería».

Este itinerario profesional ten unha duración total de 400 horas. Os participantes realizarán nese tempo un módulo específico de Atención ao público, no que incidirán na importancia da habilidade comunicativa e orientación ao cliente a nivel laboral. Haberá tamén un módulo específico de Prevención en riscos laborais e outro sobre Hixiene alimentaria.

«Con este tipo de convocatorias desde a Concellería de Mocidade apostamos por manter a liña de formación dun colectivo cunha idade específica, co fin de facilitarle as posibilidades de acceder ao mercado laboral a través dunha capacitación práctica cunha profesión, neste caso sobre carnicería, apuntou a edil. Hermida explicou que se apostou unha vez máis por este itinerario tras as suxestións recibidas para volver a convocalo desde o Concello, un interese que coincide ademais co feito de que este tipo de demanda non a cubren actualmente na comarca outras entidades, tal e como asegurou a concelleira da área.

Natalia Hermida animou ao colectivo ao que se dirixe esta convocatoria a anotarse no itinerario para poder obter algunha das quince prazas ofertadas, incidindo en que unha vez rematen «estarán preparados para traballar no departamento de carnicería de supermercados, superficies comerciais, pequeñas empresas ou incluso, no caso de consideralo oportuno, iniciar unha etapa como emprendedores poñéndose á fronte dun negocio propio».

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …