O Pazo da Cultura de Narón acollerá un concerto de «Los Gofiones»

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 15 de xullo un concerto de Los Gofiones, considerado un dos mellores conxuntos musicais de Canarias. A formación presentará na localidade o seu vixésimo segundo traballo discográfico, titulado Por una cabeza. Así mesmo, durante esta convocatoria actuarán a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura e a Coral da Sociedade Cultural Areosa, tal e como avanzou a edil de Cultura, Marián Ferreiro. As entradas para este espectáculo musical, que comezará ás 20:30 horas, están xa á venta na taquilla do Pazo da Cultura a un prezo de cinco euros.

Un total de 39 músicos, instrumentistas e cantantes, integran a formación Los Gofiones, cunha dilatada carreira profesional e cunha vintena de discos no mercado. A agrupación creouse en Las Palmas de Gran Canaria no ano 1968, cun grupo de amigos, e nos últimos anos obtivo numerosos premios a nivel nacional e internacional. Los Gofiones combina a música popular canaria con novas fórmulas e reúne na actualidade a catro xeracións de profesionais implicados en impulsar o folclore canario. Recoñecidos artistas como Silvio Rodríguez, Lucrecia ou Kepa Junquera colaboraron con esta agrupación nalgúns dos seus traballos.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …