Faleceu o fenés Daniel Romero, un dos históricos socialistas da bisbarra

fallecimiento-300x300O grupo municipal socialista de Fene quere expresar o seu pesar polo falecemento do histórico socialista Daniel Romero López e facer chegar as súas condolencias á súa filla Marian e demais familiares e achegados. Daniel Romero, que fora enlace da guerrilla nos anos da posguerra e posteriormente un dos fundadores das Xuventudes Socialistas de Fene, finou o martes na Coruña aos 93 anos de idade.Este xoves os seus restos mortais foron incinerados, nun acto familiar, no tanatorio Alvia (rotonda da Grela).

Daniel Romero López comezara como enlace da guerrilla de rapaz na zona das Fragas do Eume, sobre todo, pero tamén en Fene e Mugardos. En 1941 empezou a traballar en Astano, ata que no ano 1948 foi detido en Fene e trasladado á prisión provincial da Coruña, na que estivo preso durante case tres anos. A raíz da súa detención xa non puido seguir traballando en Fene e trasladouse á Coruña, onde traballou como torneiro mecánico en distintas empresas. Hai menos de tres meses participou nos actos de Homenaxe á Guerrilla. Soldados da República, organizados na Coruña pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

Con Daniel Romero López vaise unha das últimas testemuñas dunha das etapas máis relevantes da historia contemporánea do noso país. Descanse en Paz.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …