Entrega de diplomas ás mulleres que participaron en tres cursos convocados polo Concello

diplomas naron 7-7

O alcalde naronés, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron esta mañá os diplomas de tres cursos dirixidos a mulleres e enmarcados no II Plan Municipal de Igualdade do Concello de Narón. Confección, Igualdade por medio da educación e Organización e xestión familiar foron as tres modalidades ofertadas e nas que participaron un total de 62 desempregadas de Narón. A edil de Igualdade e o rexedor local felicitaron ás alumnas dos cursos e animáronas a continuar apostando pola mellora formativa.

Os cursos desenvolvéronse entre os meses de outubro do pasado ano e o pasado xuño. Na modadlidade de Igualdade por medio da Educación, que tivo lugar na Casa da Mocidade da Gándara, matriculáronse un total de 26 mulleres. Nas clases abordaron áreas como as matemáticas, o tratamento da información e competencia dixital, comunicación lingüística e competencia cultural e artística.

A acción formativa sobre Confección, na que participaron 21 mulleres, convocouse no Centro Municipal de Formación e entre os contidos, as alumnas coñeceron o manexo das máquinas de coser e tamén aprenderon a confeccionar patróns e técnicas de costura, remates a man e bordado, entre outras materias.

O terceiro dos cursos, sobre Organización e xestión familiar realizouse en dúas quendas, nas que se matricularon 15 mulleres. A Casa da Mocidade da Gándara e o colexio de San Mateo foron os lugares elixidos para impartir as sesións, nas que se trataron temáticas como a xestión económica e do tempo, a organización do traballo e os roles familiares.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …