Don Ricardo volveu a quedar na cuneta

ruinas de la casa natal de Carballo Calero
ruinas de la casa natal de don Ricardo

Juan Angel Sanz Aneiros

Outra vez mais, e xa case que un perdeu a conta das que van, Don Ricardo volveu a quedar na cuneta na elección de persoeiro o que se dedica o Dia das Letras Galegas e como non, nos medios relacionados con Ferrol volve a saír unha vez mais a noticia, que un cree xa se ten preparada dado o resultado final que se da ano tras ano, e que cando sexa a súa oportunidade a todo o mundo collera por sorpresa e no primeiro momento ninguén terá que dicir.

Bo, sempre haberá algún político sexa da cor que sexa (que para istas cousas sempre estan avispados) que intentara gañarse os consabidos puntos co clásico curso o similar. Mais desgraciadamente nos quedamos na anécdota e no imos mais ala.

Que imos a pedir a Real Academia nin a ninguén cando nos somos os primeiros que non dignificamos a memoria do noso ilustre conveciño? Para cando unha casa museo na súa honra, entre outras medidas que dignifiquen o seu legado?

Ferrol e patria de numerosas persoas celebres, pero que na maioría dos casos cumpren coa máxima de non ser profeta na súa terra, (Concepción Arenal, Canalejas, Iglesias Braje, Torrente Ballester…) e como moito como no caso do insigne profesor se teñen sorte serán recoñecidos co nome dun instituto, un centro cultural o unha rúa mais o verdadeiramente importante o seu legado perderase pouco a pouco ata que moi pouca xente sepa quen e ise para o que sempre piden o Dia das Letras Galegas e do que nos acordemos por costume cando non terminen por dárdelo, e así ata o próximo ano.

Como no caso daquel noble castelán «que bon vasalo se tivera bon señor», mais a nosa terra non e de todo xusta con aqueles nacida nela, e que tanto diron no seu nome.

 

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …