O BNG sinala que o grupo de goberno demostra falla de respecto á oposición

concello ferrol 21-3«O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol despois de agardar pacientemente pola documentación relativa aos orzamentos municipais deste ano 2016 desde decembro de 2015, considera que o feito de que a día de hoxe continuemos sen contar cun documento para o debate é a demostración da falla de respecto que este goberno amosa ao resto de grupos municipais e en concreto ao BNG supostamente aliado natural dun goberno que na práctica ten no PP o seu mellor cómplice para seguir a desenvolver as mesmas políticas e as mesmas prácticas que o anterior goberno municipal» sinala o BNG nun comunicado.

«Desde o BNG queremos lembrarlle ao goberno desta Cidade que unha negociación non consiste en ter antes a documentación que outra organización ou colectivo. Que si a grande deferencia que pretende manter co BNG é presentarnos uns días antes un documento pechado, polo de agora inexistente, que ao resto de organizacións demostra a grande prepotencia coa que actúa. É por isto que se este goberno ten intención de chegar a un documento de consenso este debará ser aberto e susceptible de mudanzas e non pechado na definición do destino dos recursos económicos municipais.

SE NEGA A DOCUMENTACIÓN DOS ORZAMENTO POR ALGUNHA RAZÓN

Negociación que en calquera caso non impiden que o resto de organizacións e colectivos da cidade e partidos políticos poidan participar e ter coñecemento desta documentación que por algunha razón este goberno nos nega a todos e todas nós».

Ademais, para o BNG  «é simple demagoxia que se xustifique o retraso para a presentación do orzamentos municipais para o ano 2016 nun proceso de regularización catastral emprendido polo Estado e que terá graves consecuencias para os veciños e veciñas da Cidade. Desde o BNG queremos lembrarlle a este Goberno municipal a súa absoluta pasividade e deixación de funcións para opoñerse a este proceso de regularización iniciado polo Estado en base as leis de estabilidade orzamentaria e que pretende que agora se contabilicen propiedades rústicas accesorias ás vivendas e que son produto do afán recadatorio do PP iniciado coa reforma do artigo 135 da Constitución e ante cuxas consecuencias todos os partidos estatais pasan cada vez con maior silencio.

COMPORTAMENTO TRILERO DO GOBERNO LOCAL

Desde o BNG queremos lembrarlle tamén a este Goberno Municipal que poñer como escusa para dilatar máis o trámite orzamentario a cuantificación dos ingresos a percibir por este Concello produto desta regularización é unha falacia e evidencia o comportamento trilero deste goberno. Hai que lembrar que estes ingresos son de moi dubidosa percepción, incluso de maneira parcial, durante este ano 2016, ano obxecto dos orzamentos pendentes de elaboración, e que estes recursos se percibirán durante o ano 2017; Dado que o proceso de regularización catastral está agora en fase de desenvolvemento e dado que a reclamación destes ingresos con carácter retroactivo é unha decisión municipal que este goberno debe rexeitar se realmente está en contra da súa aplicación máis aló das palabras».

Lea también

El alcalde de Ferrol mantiene una reunión con la presidenta de Dignidad, Lola Romero

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, se reunió en la mañana de este …

Un comentario

  1. Leandro Rodeiro

    Suárez no va a presentar los presupuestos que sabe que no le van a aprobar. Es la única verdad. Ni 2016 ni 2017. Se irá para la Xunta y dejará el pacto.