En Narón, recepción institucional ás seleccións nacionais de España e Exipto de fútbol sala

naron-futbol sala-29-7O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu na mañá deste venres a recepción no Concello aos representantes das directivas das seleccións nacionais de España e Exipto de fútbol sala e das Federacións española e galega, así como do Club Cidade de Narón. No acto, ao que acudiron tamén o edil de Deportes, Román Romero, e representantes dos grupos políticos da corporación local, estiveron representanto á selección española, entre outros, Laurentzi Gana, responsable da Real Federación Española de Fútbol, e José Venancio López, seleccionador nacional, así como o «staff” técnico. Por parte da selección exipcia acudiu Mohamed Fekry, responsable da delegación. Os xogadores da selección nacional non puideron asistir debido a que a esa mesma hora -as 13.00- firmaban autógrafos aos afeccionados no Centro Odeón, tal e como estaba previsto.

O edil Román Romero deu a benvida aos integrantes de ambas seleccións, aos que desexou unha boa estancia no municipio. O representante da selección nacional de Exipto agradeceu o convite e asegurou estar moi contento de desprazarse a España. Así mesmo, indicou que a prensa exipcia está realizando un amplo seguemento dos partidos que se disputan en Galicia coa selección española, preparatorios do Mundial de Colombia, e amosou a súa confianza en que España gañe unha vez máis a Copa do Mundo.

En representación da Federación Galega de fútbol,el naronés Pablo Prieto valorou a «gran predisposición por toda a loxística posta a disposición da selección española de fútbol» para celebrar este partido internacional na localidade, «solicitado por diferentes territoriais», indicou. «O desta noite será un bo partido e esperemos que a antesala dun novo éxito para a selección española, que non debemos esquecer que foi sete veces campiona de Europa e dúas veces do Mundo». Así mesmo, e en nome da Federación Española de fútbol, Laurentzi Gana destacou o traballo do equipo español e desexou moita sorte aos xogadores no partido que terá lugareste venres na Gándara.

Pola súa banda, José Manuel Blanco confiou en que a estancia dos xogadores «sexa proveitosa» e en que leven un grato recordo de Narón, un concello, recalcou, «que desde hai moitos anos está volcado en que o deporte sexa un dos buques insignia, dedicando un orzamento importante a esta área, entre outras». O rexidor asegurou que para a corporación local foi todo un honor recibir aos representantes das federacións e da selección española no Concello. «Queremos que sexades exemplo para os rapaces e rapazas e para o noso fútbol, que está loitando para manter categoría e espero que para o ano ascenda un pouco máis, porque son a alma máter do fútbol sala en Narón e na comarca, os xogadores e a directiva do Cidade de Narón», indicou. Por último, o alcalde naronés desexou que o equipo español «traia a España a terceira estrela desde Colombia».

Antes de rematar o acto procedeuse a entregar uns agasallos institucionais aos representantes da Real Federación Española de Fútbol, da Federación Galega e ao resposable da delegación de Exipto, Mohamed Fekry.

Lea también

Atletas galegos participan no campionato de España Máster de 5K

Chegados prácticamente ao último treito do mes de abril, siguen desenvolvéndose as distintas probas de …