A Deputación financia a obra de acceso á escola infantil de Barallobre

A Deputación da Coruña, a tavés da área de Cooperación cos Concellos, financia cunha achega de 89.894 euros a obra de acceso á escola infantil de Barallobre, no concello de Fene.

O deputado da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira, e o alcalde do Concello de Fene, Juventino Trigo, asinaron a colaboración pola que a Deputación da Coruña achega un 80,00% do orzamento da obra de acceso á escola infantil de Barallobre. En total, a área de Cooperación cos Concellos financia con 89.894, 80 euros o proxecto que ten un orzamento total de 112.368,51 euros.

O prazo de vixencia do convenio prolóngase até o 1 de novembro de 2017 en que terán que estar rematadas as obras.

Lea también

Fene conmemora o Día do Libro con maxia para soñar

Cun “espectáculo sorprendente, para gozar en familia, no que o ilusionista Mago Marco proporá unha viaxe …