O Concello de Narón asina un convenio para a adquisición dunha cuncha acústica para o Pazo da Cultura

naron-pazo da cultura

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o deputado responsable da Área de Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinaron esta mañá o convenio de colaboración que permitirá financiar a adquisición e mais a instalación dunha cuncha acústica para o Pazo da Cultura. «Trátase dunha demanda histórica do Consistorio naronés que foi negociada, en 2014 rubricouse un protocolo mais non foi dotado orzamentariamente naquela altura, na pasada lexislatura pero que non se materializou ata o presente mandato, recordou Blanco.

O rexedor naronés sinalou que «se trata dun equipamento imprescindible para poder ampliar as posibilidades do principal espazo cultural da cidade e explicou que a idea do Concello é poder contar con ela canto antes». Así, lembrou que este investimento, que ascende a un total de 284.350 euros –dos cales a Deputación financia o 80% e o Concello o 20% restante-, conta xa cunha partida que figura xa nos orzamentos do presente exercicio de ámbalas dúas institucións. «O seguinte paso é proceder á habilitación de crédito, prevista para o presente mes de agosto, e xa en setembro principiar os trámites de contratación da obra», concretou o alcalde.

«A cuncha acústica é un equipamento que mellora a proxección do son cara ao público en espazos de grande altura, como é o caso do Pazo. A estrutura poderá adaptarse a tres tamaños en función do tipo de espectáculo ou actuación e que vai dos 400 metros cadrados para as grandes orquestras sinfónicas aos 70 metros para as agrupacións musicais pequenas, pasando por unha intermedia de 130», sinalou Blanco.

«Esta obra permitirá acoller espectáculos que ata o de agora o Pazo tiña que rexeitar, co que a oferta cultural do principal colector cultural do municipio ampliarase substancialmente. Unha boa nova para as naronesas e os naroneses que teremos a oportunidade de gozar de todo tipo de espectáculos musicais e teatrais», apuntou o alcalde.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

4 comentarios

  1. Cuantas veces van a firmar y a hacer el mismo anuncio? Porque ya esto la anunciaron cuando estaba el PP en la Diputación. Por eso se firma otra vez?

    • O anuncio fíxoo o PP hai tempo, o problema é que a cuncha acústica non se dotou de partida orzamentaria ata este mandato, cun goberno non precisamente do PP na Deputación da Coruña. Igual se a administración provincial continuase en mans do PP algúns continuaban anunciando que subvencionaban a cuncha acústica do Pazo ata as vindeiras municipais, agora instalar non teño tan claro que a instalasen porque igual non había orzamento para a infraestrutura, como sucedeu con Diego Calvo á fronte da Deputación….Ese pleno para aprobar o investimento na Deputación do PP nunca chegou, a pesares do ben que din querer para os naroneses e naronesas…

  2. Para recibir ellos bien que firman, pero estamos todas las asociaciones esperando.

  3. Llevamos 17 años oyendo hablar de concha acústica, Muíno das Aceñas, Aldea Nova y paseo marítimo. El Día de la Marmota… y todo sigue igual