Dúas rosas vermellas lembran a Daniel Romero e á súa dona en Fene

fene-daniel romero-1Daniel Romero López xa repousa para sempre en Fene. Nun acto íntimo e familiar, os seus fillos trasladaron este domingo pola mañá os seus restos ao cemiterio parroquial de Perlío. A última hora da mañá, o presidente do PSdeG-PSOE de Fene, Manuel Allegue González, acompañado por varios membros da dirección local do partido, achegáronse ata o camposanto para depositar nas tumbas de Daniel Romero e da súa dona, falecida hai catro anos, dúas rosas vermellas que simbolizan o seu compromiso coa democracia, a igualdade, a solidariedade e a liberdade.

Daniel Romero foi enlace da guerrilla nos anos da posguerra e un dos fundadores das Xuventudes Socialistas de Fene. En 1941 empezou a traballar en Astano, ata que no ano 1948 foi detido en Fene e trasladado á prisión provincial da Coruña, na que estivo preso durante case tres anos. A raíz da súa detención xa non puido seguir traballando en Fene e trasladouse á Coruña, onde traballou como torneiro mecánico en distintas empresas. Na cidade da Coruña morreu a principios de xullo, aos 93 anos de idade.

Según sinalan «Os Socialistas de Fene sempre o teremos na nosa lembranza».

Lea también

Proyección de la película «The Monkey» en Valdoviño

El Concello de Valdoviño cerrará la agenda cultural de este mes de enero con cine. Así, …