Militantes e simpatizantes de Terra Galega celebraron a festa do río en Pedroso

terra-galega-fiesta-11-10Unhas setecentas persoas secundaron un ano máis a Festa do río tradicional convocatoria de Terra Galega festiva e de convivencia que se desenvolveu desde o mediodía deste domingo na área recreativa de Pedroso, no municipio naronés. O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; os alcaldes de Narón e Coristanco, José Manuel Blanco e Amancio Lavandeira, respectivamente, e a portavoz do partido en Narón, Marián Ferreiro, participaron nesta cita, á que tamén asistiron concelleiros da formación no municipio naronés e procedentes doutras localidades galegas e numerosos veciños e veciñas de Narón.

A xornada comezou sobre as 13.30 horas, coa actuación dun grupo musical. Media hora máis tarde chegou o turno das intervencións da portavoz de TEGA en Narón e do secretario xeral do partido.

Marián Ferreiro tomou a palabra para agradecer o masivo respaldo á Festa do Río, valorando o «apoio incondicional” dos participantes a esta convocatoria. «Esperamos cumprir nos vindeiros tres anos de goberno coas expectativas que despositastes no equipo de Terra Galega, un equipo formado por mulleres e homes que apostamos por Narón, un concello que cada día se consolida como un referente a seguir, non só na comarca, senón tamén a nivel galego”, asegurou Ferreiro. Así mesmo, recordoulles aos veciños e veciñas que «como sempre, tedes abertas as portas do Concello para colaborar con nós desde os vosos barrios e parroquias” e subliñou que «a confianza que depositades en nós cando a ocasión o precisa é o que fai que este concello siga avanzando cada día”.

A continuación tomou a palabra o secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, que aludiu ás eleccións que se celebrarán o vindeiro día 25 en Galicia, incidindo en que Terra Galega considerou oportuno non participar nestes comicios autonómicos. Unha vez adoitada a decisión de non participar activamente nesta campaña, desde TEGA, asegurou Sánchez Fojo, «o que si vos queremos pedir é que votedes en conciencia e por aqueles partidos que mirarán polo noso país, por Galicia, porque todo o demais que vos veñan contando desde Madrid e desde outros lugares é so para fornecerse os partidos que non pensan nos veciños e nas veciñas de Galicia”.

Finalizadas as intervencións, deu comezo o xantar popular baixo unha gran carpa, sobre as 15.00 horas e, xa pola tarde, continuou a festa con máis música e con xogos tradicionais para menores e adultos. Os nenos e nenas gozaron tamén durante toda a xornada cos inchables instalados nas inmediacións da carpa. A xornada festiva prolongouse ata última hora da tarde, como xa é habitual cada ano na Festa do Río de Terra Galega.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. Muy bonito!!!! Lo que no se dice es que cada participante pagó 15€ por la comida, vamos unos 10.500€ en teoría recaudados, que bien dan para la comida, los hinchables y una buena cantidad para el partido, claro está!!!!! Eso se llama campaña bien orquestada, jejejejeje. Y de los supuestos 700 asistentes algunos serían militantes u simpatizantes de TEGA, pero otros nada de nada, simplemente acudían por la fiesta, pero este partido si que sabe engañar y engatusar al populacho, jejeje, son muchos años haciéndolo y venga a camelar al personal.

  2. Este Fojo ya no se acuerdo cuando despotricaba del bipartito y decía que el BNG era una secta. Ahora gobierna con esa secta. ¿Quién le va a tomar en serio?