Presentación do número 3 da revista «Terras do Ortegal»

ortigueira-terras-do-ortegalO acto de presentación da revista da asociación «Terras do Ortegal» , na súa terceira edición, tivo lugar na sala da Fundación Ortegalia, en Ortigueira, e co luxo de ser presidida polo cronista oficial, Carlos Breixo, co cal se contou dende o primeiro intre, cando a idea desta publicación era tan só unha utopía; dende aquela colabora acotío, e dun xeito desinteresado, sendo xa imprescindible no traballo de promoción e expansión de dita publicación. Breixo indicou que un dos acertos da revista é a variedade de artigos que conten, co cal pódese chegar a un importante número de persoas interesadas nela. A continuación fixo un bo e amplo resumo dos artigos e autores que colaboran neste número.

Xaquín Campo Freire (Xaquín de Roca), despois de dar os parabéns a esta asociación, ca cal, dixo, pode rexurdir a cultura nesta bisbarra e achegala máis a todos, revisou, con desbordante agarimo, o seu paso por Ortigueira como coadxutor, experiencia que desenrola no seu artigo.

José Manuel Sierra, secretario da asociación de veciños de Couzadoiro, fixo un pequeno resumo do seu escrito, no cal describe, polo miúdo, o desenrolo da súa parroquia dun xeito xeográfico, económico e administrativo, laiándose, coma non, pola perda da poboación que está a sufrir.

López Foxo, na súa intervención, recordou que, en Ortigueira, de sempre houbo iniciativas culturais deste tipo e, amais, o pouco ou moito que se faga neste senso fica indeleble para a posteridade. De seguido pasou a falar da súa colaboración neste número que ven a ser unha memoria emocionada de David Fojo, e que deu en definir como unha relación paterno filial entre ámbolos dous.

O crego Francisco Javier louvou ó fotografo Juan Insua, autor do foto que ilustra a portada deste número e, xa que logo, aproveitou para sinalar que hai xente nova que fai pensar nunha Ortigueira cun futuro máis prometedor. No seu artigo fala da pequena parroquia de Mosteiro e comprometeuse a continuar co estudo deste pequenos lugares da nosa comarca que foron, hai tempo, importantes para forxar e dar lugar á Ortigueira que hoxe coñecemos.

A conversa de tódolos alí presentes tivo continuación, xa dun xeito máis relaxado, cun ágape nos locais do Ciclón.

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …