Rey Varela e Cristina Cifuentes apostan pola igualdade real e efectiva en Galicia

cifuentes-pp-naron-20-9

O candidato ferrolán do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Rey Varela, participou esta tarde con Cristina Cifuentes nun acto con mulleres que se celebrou no Hotel Pazo Libunca de Narón e no que se abordaron as propostas da formación en materia de igualdade, familia e conciliación. «A igualdade real e efectiva entre homes e mulleres debe constituír un obxectivo prioritario para calquera goberno e, dende este convencemento, os vindeiros catro anos seguiremos traballando para situar a Galicia na vangarda das políticas de igualdade», afirmou Rey Varela.

Nesta liña, o candidato local lembrou algunha das actuacións neste ámbito que se fixeron estes anos con Alberto Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia. Así, entre outras, salientou a execución do VI Plan de Igualdade, que por primeira vez contou con memoria económica e comprometeu a actuación de todas as consellerías do Goberno; o feito de que os orzamentos da Comunidade Autónoma se elaboran acompañados por un informe de impacto de xénero e medidas de fomento do emprendemento feminino a través do programa EMEGA. Así mesmo, sinalou o compromiso destes anos co impulso da conciliación e a corresponsabilidade por parte do executivo autonómico, con toda unha serie de medidas que se levaron a cabo en colaboración cos concellos e outras entidades.

Ademais, Rey Varela expuxo os catro eixes sobre os que se asentan as propostas da candidatura que encabeza Alberto Núñez Feijóo. Estes son: a implantación do I Plan de Igualdade no ámbito educativo de Galicia 2016-2020; aprobar un decreto que regulará por primeira vez a formación para todo o persoal da administración autonómica en materia de igualdade e violencia de xénero; regular os Centros de Información da Muller coa finalidade de ampliar a formación das profesionais dos centros, o que redundará na mellora da atención ás persoas usuarias; e dotar á Comunidade dunha folla de ruta ambiciosa e actualizada para o desenvolvemento das súas políticas neste ámbito a través do VII Plan Estratéxico de Igualdade de Galicia.

Lei de Mediación Familiar e Portal de conciliación

O candidato ferrolán do PPdeG destacou, así mesmo, a aposta de Núñez Feijóo e o seu equipo por favorecer a conciliación, ao incluír no programade goberno para a vindeira lexislatura unha serie de medidas nesta liña como son: o desenvolvemento de máis programas públicos de mediación orientados ás familias e o impulso dunha Lei de Mediación Familiar; así como sensibilizar aos axentes económicos e sociais en materia de corresponsabilidade, conciliación e racionalización de horarios.

Precisamente, ao fío desta última cuestión, «o proxecto que encabeza Feijóo apunta a necesidade de fomentar a implantación de plans de conciliación nas empresas a través, entre outras accións, do establecemento de cláusulas sociais nas licitacións públicas», explicou Rey Varela.

Ademais, Rey Varela indicou que o programa da súa formación «contempla a posta en marcha dun portal de conciliación, impulsando programas de lecer inclusivo, tempo libre e respiro familiar; así como dun Observatorio da Familia e Infancia». E, por último, manifestou que a vindeira lexislatura «prestaremos unha atención especial e dedicaremos máis recursos, servizos e axudas directas tanto ás familias monoparentais como ás numerosas, e tamén a aquelas que teñen ao seu cargo fillos con algunha discapacidade ou dependencia; porque o noso obxectivo é que Galicia siga sendo a Comunidade Autónoma onde maiores facilidades teñan as familias», concluíu.

Cristina Cifuentes

Pola súa banda, Cristina Cifuentes, que abordou na súa intervención problemas como a brecha laboral entre homes e mulleres, as dificultades para conciliar a vida familiar e a actividade laboral e a violencia de xénero, pediu un amplo respaldo o vindeiro domingo á candidatura de Alberto Núñez Feijóo.

Ao respecto, a presidenta da Comunidade de Madrid explicou que «estas no son unas elecciones más, ya que está en juego el futuro de Galicia y elegir un proyecto que suponga seguir avanzando, creando empleo y con mejores servicios públicos o volver a la experiencia que ya conocéis de gobiernos bipartitos o tripartitos pero empeorada, porque ahora el PSOE quiere gobernar con las mareas y con Podemos, que es la izquierda de toda la vida pero más extrema; allí donde gobiernan lo único que hace es paralizarlo todo».

Ademais, Cifuentes indicou que o 25-S «se va a deicidir en buena medida el futuro de España, que lleva casi un año en una situación de parálisis y profisionalidad, con un gobierno en funciones por culpa del veto del PSOE al partido más votado». «Es importante que el domingo Galicia vote masivamente para decirles a los del no que creemos en el Partido Popular y en el proyecto de Feijóo, que queremos desbloquear la situación y que España, al igual que Galicia, merece tener el gobierno que elegimos todos los españoles», concluiu Cifuentes.

Lea también

La Facultad de Fisioterapia de la UDC acoge una jornada internacional sobre la pediatría

El Grupo de Neurociencia y Control Motor (NEUROcom), el Departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias …