A Deputación financia a dotación de transporte propio para o Club de Remo de Ares

A área de Patrimonio, Contratación e Equipamento da Deputación da Coruña, da que é responsábel o deputado Xesús Soto, comprometeuse formalmente para a licitación e posterior cesión dunha furgoneta para o transporte de deportistas da entidade do Club de Remo de Ares, presidida por Germán Sánchez, por un montante económico inicial de 25.400  euros.

Xesús Soto e o presidente do Club de Remo de Ares asinaron este mércores o convenio que da cumprimento ao Acordo Plenario do pasado 9 de setembro. Desde a agrupación deportiva, mostraron o seu interese pola duración do procedemento de contratación, onde o deputado comprometeuse a axilizar o mesmo o máximo que permita a lexislación vixente, marcándose un prazo temporal aproximado dun mes. Segundo o acordo, a Deputación cederá a furgoneta para o uso exclusivo, durante toda a súa vida do Club de Remo de Ares que correrá cos gastos de uso, mantemento, reparación e seguros.

O Club de Remo de Ares conta con 250 socios e este ano resultou gañador da Liga Galega de Traíñas. Despois da súa participación no prestixioso Ascenso ACT, a agrupación quedou en segundo posto co que logrou clasificarse para a competición ACT da elite da raína o ano vindeiro. Á xuntanza co deputado Xesús Soto na Deputación da Coruña, ademais do presidente do Club de Remo asistiu o membro da directiva Julio Alberto Rañolas.

Lea también

As Pontes apoia a posta en marcha do proxecto enerxético de Endesa en O Tesouro

O tecido empresarial, económico e sindical das Pontes apoia a posta en marcha do PE …

Un comentario

  1. GRACIAS GERMÁN¡¡ Gracias por tu infinita paciencia, y también gracias a tus colaboradores, porque en la penuria económica en la cual trabajáis el logro que habéis conquistado solo tiene parangón con el del año 1960, cuando el club logra el campeonato de España de bateles,, ( el cual nos fue retirado por cuestiones de índole político) a raíz de lo acontecido en la regata del entonces jefe del estado celebrada en A Coruña. Todas las penurias sufridas se quedan en nada ante semejante logro, solo queda esperar y ver lo que hacen las fuerzas vivas de la localidad es también justo el reconocimiento a esos remeros, los cuales la mayoría de las veces tienen que aportar de su dinero para los desplazamientos …las fuerzas vivas del Concello espabilen, para que el nombre de ARES SE VEA CON MAYÚSCULAS por España adelante…un emocionado saludo al Club de Remo de Ares__Mcklay.