Rey Varela garante o apoio á construción e apertura dunha nova residencia de maiores en Ferrol

campana-pp-22-9

O candidato ferrolán do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Rey Varela expuxo hoxe no barrio de Ultramar a aposta da súa formación por apoiar a construción e apertura dunha nova residencia de maiores na cidade naval a vindeira lexislatura, así como de continuar co despregamento nas catro provincias galegas de novas prazas públicas para maiores e para as persoas con diversidade co obxectivo de contar no período 2016-2020 con 1.000 novas prazas tanto residenciais, como diúrnas e ocupacionais.

Así, Rey Varela, que esta tarde mantivo un encontro con veciños de Ultramar, manifestou que «reforzaremos o impulso ás políticas sociais que xa temos dado neste último ano; porque imos aproveitar a senda de crecemento na que ten entrado a nosa economía despois de anos de dificultades e esforzos por parte de todos para destinar máis recursos a garantir o benestar e a calidade de vida dos galegos e galegas».

Neste sentido, o candidato local sinalou que «Ferrol non quedará á marxe deste novo impulso social, polo que tamén verá ampliados os equipamentos e recursos dirixidos ás persoas». «Fálase con feitos; e ao igual que sacamos adiante a reforma e modernización do fogar de maiores de Caranza, hoxe en execución, melloraremos a oferta deste tipo de servizos a disposición das familias desta cidade e desta comarca dotando a Ferrol dunha nova residencia», indicou.

Así mesmo, e no que atinxe ás obras que se están levando a cabo na Residencia de Maiores de Caranza, o candidato local explicou que «a Xunta de Galicia está a investir preto dun millón de euros nesta actuación, que permitirá contar a partir do vindeiro ano cunhas instalacións totalmente renovadas e modernizadas».

Melloras no centro de menores e no Souto de Leixa

Rey Varela explicou que a mellora do fogar de maiores de Caranza non é a única que se desenvolveu en equipamentos sociais de Ferrol, senón que «o compromiso con esta zona mantido durante estes anos de goberno de Alberto Núñez Feijóo tamén se reflicte nos traballos de adecuación do Centro de Menores e do Centro de Atención á Discapacidade de Souto de Leixa».

Por último, o candidato ferrolán asegurou que «os nosos maiores son e seguirán sendo unha prioridade». Unha afirmación que Rey Varela acompañou de dous datos que corroboran o avance que estes anos experimentou Galicia na atención aos maiores e persoas dependentes: O primeiro deles é que na actualidade o número de dependentes atendidos é de 48.000 persoas, tres veces máis que cando chegou Núñez Feijóo á Xunta. E o segundo dato é que a día de hoxe Galicia conta cun 32% máis de prazas públicas en residencias, centros de día e centros especializados que as que tiña en 2009.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …

Un comentario

  1. Evangelina de Ferrol

    Muy bien, Rey VArela sigue apostando por los ferrolanos y por la política, el no nos ha abandonado y sigue luchando por su ciudad. Gracias Conselleiro