O Concello de Cabanas pon en marcha os talleres de envellecemento activo

envellecemento-castrillon-27-9

Un total de 25 persoas maiores participan dende hoxe nos talleres do programa de Envellecemento Activo promovido polo Concello de Cabanas a través da concellería de Servizos Sociais. O alcalde, Germán Castrillón, asistiu á primeira sesión dos obradoiros, que se celebrarán todos os martes no local social de As Viñas en horario de mañá, de 11 a 12:30 horas, e valorou positivamente a resposta da veciñanza, que completou a totalidade das prazas ofertadas.

O programa conta con financiación da Deputación provincial da Coruña e máis do Concello e, a través do mesmo, búscase crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais.

Ademáis, e para que así sexa, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que despraza ós maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto.

Os talleres teñen un nexo común, a recuperación da memoria histórica. O obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades é dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …