Dous espectáculos, teatral e musical, esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón

naron-pazo da culturaO Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos, un de teatro, coa obra Cervantina, a cargo da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá, e outro musical, Na punta do pé, do grupo Pesdelán, todo un guiño á música e a danza populares.

A representación teatral será o venres, día 30, ás 20.30 horas, mentres que o espectáculo musical terá lugar na xornada do sábado, día 1 de outubro, a partir das 20.00 horas. As entradas para ambas propostas están xa á venda na taquilla do Pazo, a un prezo cada unha de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

CERVANTINA

pazo-cervantinaA obra Cervantina, baseada en textos de Miguel de Cervantes, é unha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá. O público poderá recoñecer nesta peza fragmentos de recoñecidas novelas como Don Quijote de la Mancha, La gitanilla ou El coloquio de los perros, entre outros. O humor, a adaptación dos textos e a evolución dos personaxes que protagonizan esta obra de teatro clásico son dous factores a ter moi en conta neste espectáculo, que constitúe toda unha homenaxe ao escritor español Miguel de Cervantes.

NA PUNTA DO PÉ

pazo-a-labanNo caso do espectáculo Na punta do pé os asistentes terán a oportunidade de escoitar temas do primeiro disco do grupo Pesdelán, do que xa se venderon milleiros de copias. A participación do público e a recuperación das festas caracterizan os seus traballos, con míusicos que interpretarán un amplo repertorio co que gozará o público asistente.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …