Medio Rural prohibe realizar queimas agrícolas e forestais pola meteoroloxía

As queimas de restos agrícolas e forestais seguen prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta as condicións climatolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Lea también

Avance en la mejora de la prestación de asistencia jurídica gratuita

La Xunta y el Consello da Avogacía Galega han pactado nuevas mejoras en la prestación …