Eliximos Narón sinala que o proxecto entorno ao DUSI é «pobre e dunha mala xestión»

Desde o grupo municipal Eliximos Narón Electores sinalaron non gustaballes «xa no pasado pleno de novembro o dixemos» o Convenio de colaboración Ferrol-Narón para actuacións conxuntas de execución e desenvolvemento urbano sostible da cidade para levar adiante o proxecto Ría de Ferrol: Ciudad 2020, considerando que «Narón simplemente se sumaba a un plan feito dende Ferrol e centrado principalmente nese concello, aínda que contando con Narón polos puntos extra que daba para conseguila axuda, porque segundo palabras do alcalde, como en Narón non se fixera nada, como xa é habitual, tiñamos que aproveitar precisamente o que Ferrol xa ten do Plan Urban durante os últimos anos, teñen a oficina técnica, teñen a oficina económica, que é o que nos pode orientar e non crear algo de novo, porque para 45 días non nos dá tempo para absolutamente nada».

«En lugar diso chegouse a un trámite de como conseguir fondos para facer as obras que se lle ocorreron a unha cabeza pensante encadradas nas esixencias que impón o propio plan. A participación cidadá foi testemuñal e só en Ferrol, o xusto para cubrir o expediente. En Narón non se explicou nada, tampouco aos políticos, limitáronse a remitirnos por correo electrónico o documento do proxecto que xa puxera Ferrol a disposición pública na súa páxina web, e en todo este tempo o alcalde non deu conta de nada a cerca de como ían os trámites. Tras a súa lectura, o documento pareceunos moi pobre, e parece que así o viron tamén no Ministerio de Facenda», cirticaron desde o partido naronés.

«Sabemos que é mais difícil conseguir financiamento na segunda volta, e pode que se consigan facer obras máis ou menos aceptables, pero é indubidable que xa se perdeu unha boa oportunidade de reformular a cidade e o seu urbanismo». «O concello de Blanco, como de costume, é un Narón sen plans nin obxectivos que non sabe cara a onde vai», apuntaron no final do seu comunicado

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …