Narón acolle este fin de semana a sexta edición da Feira do Mel

A concelleira de Fieras e Mercados do Concello de Narón, Mar Gómez, presentou esta mañá o programa da décimo sexta edición da Feira do Mel, que se celebrará no recinto feiral do Trece o sábado e domingo, contando coa participación de máis de 40 expositores de produtos ecolóxicos e artesanais co mel como principal reclamo. Así, cóntase coa presenza de pequenos e medianos produtores hortofrutícolas , como legumes, queixo ou marmelos, así como doutras manufacturas en coiro, madera ou cosméticos.

Contando coa colaboración da Deputación da Coruña, a cita desenvolverase ámbolos dous días en xornada de mañá e tarde en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, respectivamente.Como nas edicións anteriores, está prevista a participación activa de membros da delegación da Asociación Galega de Apicultura de Ferrolterra, que aproveitarána ocasión para dar a coñecer a súa actividade e atenderán ás persoas interesadas nesta actividade.

A edila Mar Gómez animou a veciñanza e ao resto da comarca a se achegar a fin de semana ao Trece para gozar dunha xornada na que a gastronomía ocupará novamente un lugar moi importante, con degustacións de balde de diferentes produtos, mais na que haberá tamén actividades paralelas dirixidas nomeadamente ás crianzas, co inchables e obradoiros de monicreques de cartón. O evento estará amenizado cunha actuación musical as dúas xornadas, de 12 a 14 horas.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …

2 comentarios

  1. Publicitando eventos como éste, cada día nos parecemos más a Somozas que a una ciudad. Una lástima que se hayan cargado el legado de Gato