Dúas comedias clausurarán o Ciclo de Teatro Afeccionado en Narón

O ciclo de Teatro Afeccionado programado no Auditorio municipal rematará esta semana coa representación dos dous últimos espectáculos. O mércores, día 12, será o turno da compañía Porta Aberta Teatro, que representará a obra A casa do senador, e o domingo, día 16, O aturuxo de Melpómene subirase ao escenario para estrear a obra Terapia de bar, dirixida polo naronés Jose Luis Prieto. As actuacións comezarán ás 20.00 horas e a entrada é de balde.

A casa do senador é unha comedia dirixida a todo tipo de públicos que fará gozar aos espectadores a base de ocurrentes experiencias. A última das obras, Terapia de bar, é tamén unha comedia, neste caso de terror, que xira ó redor dun escenario común, o bar “Da Costa”, no que se aplican unha serie de terapias que eliminan vicios pero a base de danos colaterais.

Este ciclo de Teatro Afeccionado comezou o pasado 18 de setembro, sendo a compañía Nova Escena Teatro a encargada de abrilo coa posta en escena da obra A apócema. Os espectáculos programados continuaron desenvolvéndose os días 2 e 9 de outubro, coas repreasentacións de Media de callos e Misterios, con Tiruleque Teatro e O aturuxo de Melpómene, respectivamente. O Padroado da Cultura de Narón colaborou neste ciclo, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e coordinado pola asociación teatral O aturuxo de Melpómene.

Lea también

Suspendida a representación da obra “Cigarreiras” prevista para esta fin de semana no Pazo da Cultura-Narón

A representación do espectáculo teatral “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea, prevista para …