O BNG de Narón preocupado polo problema do comedor escolar do CPI O Feal

naron-bng-11-10concelleira do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Teresa Sabio, mantivo unha xuntanza cunha representación da Anpa O Buxato do CPI O Feal para abordar a problemática xurdida pola insuficiencia de prazas de comedor para o presente curso 2016/2017 que se traduce en que perto dun cento de alumnas e alumnas do centro non pode acceder a este servizo.

Os representantes da ANPA lembraron que a capacidade asignada polo Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está fixada desde o curso pasado en 89 prazas para unha comunidade educativa que supera as 620 persoas e para unha demanda de comedor que xa está por riba dos 190 escolares. Así, lembran que a dotación non variou -89- malia que o número de solicitudes para gozar do servizo pasou en só un curso de 130 a máis de 190. Destas, entre 130 e 140 solicitantes precisarían, segundo as estimacións da ANPA, dun uso diario. Porén, a Consellería obviou na asignación de prazas este incremento e por vez primeira desde o ano 2013, cando se aprobou o decreto que regula os comedores escolares, decidiu non aumentar o número de prazas, que viña sendo dunhas dez por ano escolar.

Os portavoces das nais e pais do CPI O Feal lembran que a decisión da Consellería de non ampliar este servizo alegando que se trata dun contrato prorrogado coa empresa que xestiona o comedor escolar ignora que o propio contrato contempla incrementos de até o 25% das prazas se se dan as circunstancias precisas. Nese sentido, lembran ademais que para atender a demanda neste curso non sería preciso realizar ningún investimento material –alén do custe dos menús-, posto que o comedor do centro ten unha capacidade recoñecida para 144 persoas.

A edila do BNG, responsábel tamén da área de Promoción Social e Igualdade do Concello, trasladoulles aos representantes da ANPA o seu apoio e comprometeuse a levar ao Parlamento Galego a súa demanda no momento en que se bote a andar a nova lexislatura. Ademais, lembrou que o propio decreto 132/2013 regulador dos comedores escolares define estes como «un servizo público educativo complementario» que contribúe decisivamente a avanzar no principio de igualdade que debe rexer o sistema educativo. «A conciliación é fundamental», sinalou Sabio, quen engadiu que «semella que a Xunta de Galiza aínda non é consciente de que Narón medra demograficamente cada ano, sobre todo en poboación nova, e que a oferta educativa pública non é suficiente». Sabio sinalou que hai máis de 700 nenos e nenas en idade escolar de Narón que están matriculados en centros dos municipios limítrofes e lembrou que no programa do BNG para as pasadas municipais incluíase a necesidade de solicitar á Xunta de Galiza a construción dun novo centro de ensino primario e secundario no municipio para satisfacer a demanda actual.

Lea también

Concello de Narón e AGA Ferrolterra organizan charlas sobre a avespa asiática

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón …

2 comentarios

  1. sra sabio no sea tan sabia y mire el padron del ine que dice que naron retrocede en habitantes , y si el problema no es las instalaciones pues los menus los pagen los padres

  2. SR Jato, que haya un mínimo descenso población, no significa que haya menos niños, solo que bajo el numero total de habitantes. Y si aprendiese a leer sabría que aun siendo pagados los menús por los padres, la Xunta se niega a ampliar las plazas.