O Concello de Cabanas renova a cuberta da antiga casa consistorial

O Concello de Cabanas iniciou esta semana a renovación da cuberta da antiga casa consistorial, hoxe edificio de servizos socioculturais e sede da Escola Municipal de Música e do xulgado de paz. A actuación, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, «está orzamentada en 37.335 euros, que se financiarán con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación, e o prazo de execución é duns 25 días. As obras non interrumpirán nin as clases de música ni a actividade dos outros servizos».

A edificación consta de pranta baixa, primeiro e baixo cuberta, así como dous pequenos corpos a cada lado da pranta baixa. Os danos no tellado afectan a practicamente toda a superficie e veñen motivados polo modo na colocación da tella cerámica da que consta. Así, hai tellas soltas co conseguinte perigo para os viandantes; están a medrar prantas baixo as tellas, favorecendo tanto o seu desprendemento como o deterioro da cuberta, e as filtracións ó interior estábanse a converter nunha rutina, afectando ó falso teito e ás paredes da baixo cuberta.

A maiores, o Concello detectou danos nos tabiques nos que se apoia a estructura da cuberta. É por iso que, ademáis da renovación do tellado, a intervención contratada polo Concello contempla a reparación das grietas dos muros que sirven de apoio á estructura da cubrición do edificio e pintado das paredes afectadas, eliminando previamente a humidade derivada das filtracións de auga.

Lea también

Ortigueira cerca de retener la inversión de 759.658 euros para el albergue y la reforma de O Murito

«A pesar de la petición del Estado de renunciar al dinero», tras la aprobación en …