Esquerda Unisa incorpórase ao goberno municipal de Fene

concello-feneEste luns o Alcalde de Fene, o nacionalista Juventino Trigo, asinou as resolucións de acaldía que fan efectiva a remodelación do goberno local.

O rexedor fixo efectivo o acordo con EU incorporando á concelleira María Carmen Martínez á Xunta de goberno local. A concelleira foi nomeada segunda tenente da alcaldía e Presidenta da Comisión de Dinamización social e transparencia. Dentro desta Comisión farase cargo das delegacións de Benestar social e igualdade, Ensino e Participación e información cidadá, transparencia e comunicación. As delegacións de Cultura, Xuventude e Deportes foronlle asignadas ao concelleiro Justo Martínez Ardá.

No novo organigrama forman parte da Xunta de Goberno Local, Alejandra Permuy Meizoso como primeira tenente de alcalde, Justo Martínez Ardá como terceiro Tenente de Alcalde e Mariela Aguilar Prieto cuarta Tenente de Alcalde.

O Alcalde tamén fixo novos nomeamentos, Alejandra Permuy Meizoso Pesidenta da área de Organización e seguridade, como o viña sendo, mais agora asume a área de Servizos e Mantemento. Justo Martínez Ardá foi nomeado Presidente da área de Desenvolvemento territorial e Mariela Aguilar permanece como delegada e Medio ambiente. A área de Facenda sigue nas mans do alcalde e incorpora a delegación de Promoción económica.

«Desde o novo equipo de goberno o que se pretende e traballar máis e mellor polo pobo de Fene e cumprir o acordo político asinado» se sinala nunha nota informativa

Lea también

Sesión de contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán en Valdoviño

No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, o Concello de Valdoviño convida a …