«Biblioteca na rúa» pechará este sábado as xornadas para conmemorar o Día das Bibliotecas

As actividades organizadas desde o Concello de Narón para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas continuarán desenvolvéndose este sábado, día 29. A edil da área, Mercedes Taibo, recordou que durante a xornada terá lugar a actividade Biblioteca na rúa, convocada na Praza de Galicia entre as 10:30 e as 14 e de 16:30 a 19:30 horas. «Trátase dunha xornada na que os veciños poderán coñecer todos os servizos que se ofrecen nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto», explicou.

Así mesmo, durante a mañá programouse a sesión Conto contigo, protagonizada polo contacontos e actor Manuel Solla e na que a maxia, os títeres e a animación terán un papel fundamental, combinados en todo momento co mundo dos libros. A cita será de 11 a 12 horas tamén na Praza de Galicia.

A programación continuará pola tarde cos obradoiros de chapas persoalizadas e graffiti. A biblioteca será de novo o tema central desta actividade, cos libros como punto de partida. Os asistentes, que non precisarán inscribirse previamente, elaborarán un mural de xeito conxunto con lemas aos que finalmente un graffiteiro profesional dará forma, a modo de peche da actividade. No caso de mal tempo as actividades previstas trasladaranse ao Auditorio municipal, tamén na Praza de Galicia.

As instalacións da Biblioteca municipal de Narón, localizada na rúa 25 de Xullo, contan na actualidade con 16.319 socios, unha cifra, tal e como destacou Taibo, «que se incrementa día a día e que dá conta do bo traballo que se desenvolve desde estas instalacións municipais, atractivo para persoas de diferentes idades e con múltiples convocatorias de actividades de moi diversa índole ao longo do ano».

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …