O Concello de Cabanas celebra unha nova xuntanza veciñal en Santa Cruz

O Concello de Cabanas celebrará o vindeiro luns 7 unha nova reunión para recabar as propostas da veciñanza para os orzamentos do próximo ano 2017. Nesta ocasión, terá lugar no local social do CCRD San Martín do Porto e, como en convocatorias pasadas, dará comezo ás 20 horas.

Na cita, á que están convidados todos os veciños, avanzaranse as liñas mestras das contas e as partidas de investimento e, a continuación, abrirase o turno de palabra para que todo aquel que o desexe realice a súa proposta ou traslade a súa queixa. Así mesmo, entregaranse follas de suxestións para que os asistentes poidan trasladalas por escrito.

Ata o momento, leváronse a cabo no local social de Santa Cruz e máis no local social do SCRD San Mamede de Laraxe, con boas cifras de participación.

Tras a reunión do próximo luns, o calendario continuará o martes 8 de novembro, no local social de Lavandeira. Pechando as xuntanzas, a casa consistorial albergará a última reunión o día 10 de novembro.

Lea también

Actos vandálicos reiterados en Valdoviño contra el mobiliario urbano

El Ayuntamiento de Valdoviño vuelve a denunciar los actos vandálicos que, de forma reiterada, se …