A casa consistorial de Cabanas acolle maña a última reunión veciñal sobre os orzamentos

O Concello de Cabanas pechará mañá xoves, 10 de novembro, o calendario de reunións veciñais organizadas para recabar as propostas dos veciños para os orzamentos do vindeiro ano 2017. E farao na casa consistorial, nunha xuntanza que dará comezo ás 20 horas.

Na xuntanza, aberta á participación de todos os veciños, darase conta das liñas mestras do orzamento e posibilidades de investimento. Na mesma, os participantes poderán trasladar as súas propostas, suxestións e queixas. A de mañá será a última das reunións, despois da celebración de encontros no local social de Santa Cruz, local social do SCRD San Mamede de Laraxe, local social do CCRD San Martín do Porto e local social de Lavandeira.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …