O concello de Ares condenado por recortar dereitos laborais aos traballadores do servizo de augas

Ares-Casa_do_ConcelloO xulgado do social de Ferrol ven de dictar sentenza ao respecto da demanda presentada polos traballadores do servizo municipal de augas  de Ares contra o Concello, ao recortarlles os dereitos laborais tanto en materia salarial, como no de recoñecemento de categorías.

Os feitos remítense ao mes de xuño deste mesmo ano, cando o Concello comunica aos traballadores unha modificación das condicións laborais, que a sentenza cualifica como «inxustificada».

Segundo apunta Emilio Mesías -voceiro do grupo municipal do BNG- «estamos novamente ante un caso surrealista na xestión de política laboral. O Concello provoca uns pleitos que sabe que vai perder, para intentar xustificar a deixadez no tema da remunicipalización do servizo de Augas que tiña que resolver negociando cos traballadores.

E todo por modificarlles inxustamente as condicións laborais que lle viñan mantendo dende hai dous anos e medio».

A sentenza -que é firme- condena ao Concello de Ares a repoñer as condicións de traballo anteriores á «inxustificada modificación operada por comunicación de 14 de Xuño deste mesmo ano». O que obrigará ao Concello tamén, a pagarlle aos traballadores os atrasos correspondentes.

Mesías acusa directamente ao alcalde Julio Iglesias e ao concelleiro de persoal, Luís Cendán, «como responsables de ir alegremente contra os intereses xerais do Concello», e pregúntase si «esta é a peaxe que temos que pagar a veciñanza, para darlle diñeiro ao gabinete xurídico contratado polo Concello»

Lea también

Efectivos del GES de Ortigueira localizaron a una mujer que estaba desaparecida

Efectivos del Grupo de Emerxencias Supramunicipal-GES de Ortigueira lograron localizar a una vecina de esta …

2 comentarios

  1. José López cartelle.

    Es de vergüenza , qué un Alcalde qué se dice SOCIALISTA,, recorté a unos trabajadores que hacen un trabajo, qué el personalmente, creó. Desconoce……. No sé en estos momentos, cómo reparten el trabajo, pero tengo conocimiento suficiente ,, para saber cómo funciona.. y no. Es un trabajo » nada cómodo.
    Posdata,,, el dinero de los abogados qué se lo descuenten a los responsables…

    • No es muy agradable ni respetuoso, decir «SOCIALISTA» en tono peyorativo de quien se puede decir que es el 1er empresario municipal, que al fin de cuentas es lo que es un alcalde, el que tiene que guardar por los impuestos que pagan los ciudadanos como es en este caso el ayuntamiento de Ares, no es el primer conflicto que existe entre el ayuntamiento y los trabajadores, por cierto trabajadores recomendados por gentes del partido que gobierna en Galicia y en el estado español. Todos tenemos que trabajar y duro y el echo de ser funcionarios no les otorga mas derechos que los demás ciudadanos.