O BNG ferrolán pide «rigor» para continuar co procedimento da praza de Armas

O BNG ferrolán, a través do seu portavoz Iván Rivas, instou esta mañá ao goberno de Suárez a actuar con «rigor e seriedade para enfrontar a política do PP e en concreto con respecto do procedemento aberto para a reforma da praza de Armas co fin de desmontar o bloqueo esteblecido polo PP».

Rivas se remitiu ao informe elaborado pola asesoría xurídica da Deputación da Coruña, que considera a posibilidade de continuar co procedimento mais que este non se desenvolveu dando cumprimento a todos os trámites necesarios, polo que «desde o BNG solicitamos ao goberno que desenvolva unha orde do día onde se expliciten con detalle: os acordos a adoptar na convocatoria do xurado, que se acorde a admisión ou inadmisión das propostas, que se xustifique a notificación a todos os membros do xurado, que se lles remita a documentación e que se designe ao técnico escollido polos concursantes para formar parte deste xurado como pasos previos à convocatoria do xurado e a adopción de ningún acordo», dixo o portavoz nacionalista.

«En base a este informe no que se afirma o absurdo de que un partido político poida ter a posibilidade de vetar un procedemento de adxudicación dun contrato público, desde o BNG instamos ao PP a que abandone a súa practica de bloqueo e defenda o seu posicionamento político ou ben no seo do xurado ou ben fora del coa súa renuncia», dixo Rivas, quen solicitou tamén ao goberno de Suárez que «actúe con responsabilidade e desenvolva os trámites necesarios e regulamentarios para levar adiante este proceso e abandone a dinámica de declaracións sen fundamento e basee o seu traballo no rigor, e co fin de enfrontar máis aló das palabras a política do PP».

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

4 comentarios

  1. Cuando la palabra «rigor» sale de la boca del BNG.. está todo dicho ya, nada más que añadir..

  2. Por pedir que no quede, excepto que con este proceso irregular no se dañe a los ferrolanos y a las economías de nuestras familias, verdad…? Lo de la falta de consenso, la participación inexistente, la peatonalización salvaje, anonimato de los proyectos, etc… eso mejor queda para otro día… verdad?