Unha unidade da ITV se desprazará a Cabanas para os vehículos agrícolas

O Concello de Cabanas informa de que unha unidade móbil da ITV se desprazará este mércores e xoves ó municipio para que os propietarios de vehículos agrícolas poidan realizan as correspondentes inspeccións técnicas sen necesidade de moverse de Cabanas.

O servizo ubicarase no entorno do pavillón municipal de Lavandeira. Este mércores, en horario de mañá e tarde, de 9 a 13:30 e de 15:15 a 18 horas. E o día 24, xoves, as revisións poderán concertarse de 9 a 13:30 horas.

Os interesados poden solicitar cita previa ben no teléfono 902 30 90 00 ben a través da páxina web www.sycitv.com.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …