O BNG « sinte vergoña allea polo que está a acontecer na corporación municipal»

ivan rivas 25-9Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou «que sinte vergoña allea polo que está a acontecer na corporación municipal desta Cidade e lamenta que os veciños e veciñas teñan que soportar esta situación».

O Portavoz do BNG de Ferrol cualifica de «incomprensible que Ferrol en Común lle aumente a representatividade ao PP nas Comisións informativas, incluso por riba do anterior mandato cando gobernaba o propio PP. Sinala como intolerable tamén que o Partido Socialista colabore en asfixiar ao goberno outorgándolle dúas dedicacións máis ao Partido Popular até chegar ás cinco. E é intolerable que deste xeito o Partido Popular poida seguir gobernando nesta Cidade.

En definitiva, é intolerable que produto de acordos como estes con FeC e PSOE se lle permita ao PP seguir condicionando o futuro desta Cidade, sendo o Goberno na sombra e sen a responsabilidade de dar a cara.

E por último é intolerable que o Partido popular colabore en dinamitar o actual Goberno Municipal por intereses particulares e partidistas sen ter en conta que as súas decisións están a provocar a destrución do actual Goberno Municipal.

E por todo isto, desde o BNG convidamos a todos os grupos da Corporación municipal a que reflexionen sobre as súas actuacións e as consecuencias negativas para o conxunto da Cidade e das persoas que a conforman».

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

2 comentarios

  1. El BNG mientras, con dos concejales y sin estar en el gobierno, le mantengan la dedicación exclusiva ¡¡¡¡¡¡

  2. Vergüenza ajena me da a mi ver y escuchar a este personaje intervenir en los plenos, diciéndole al PP que defiende al diablo (entiéndanse, los 12.000 votantes que tuvo) y viviendo del erario con el único mérito de andar insultando. Por algo el Bloque cada vez es más diminuto. Y ojalá que pronto desaparezca del panorama municipal.